COLECTIVO ESTIÑO
sábado, 26 de outubro de 2024
COLORES A TER EN CONTA
luns, 14 de outubro de 2024
BOCETO DO CALENDARIO
venres, 4 de outubro de 2024
INSTRUCCIÓNS
martes, 1 de outubro de 2024
xoves, 26 de setembro de 2024
CENTROS PARTICIPANTES
Comeza o período de preparación dun novo calendario e con el novas alegrías e moitas ganas de colaborar na creación do almanaque. Aquí tedes a relación de centros que participaremos neste novo proxecto
1. CEIP ALBEIROS (Lugo)
2. CEIP Plurilingüe Palas de Rei
3. CPI plurilingüe de Navia de Suarna
4. CEIP Rosalía de Castro (Mosteiro)
5. CEIP A Ponte (Lugo)
6. CEIP Plurilingüe San Xoán (Becerreá)
7. CEP plurilingüe Santa Tegra
8. CEE Santa María
9. CEIP Illa Verde
10. CPI de Cervantes
11. CEIP Quiroga Ballesteros
12. EEI Xela Arias (Sarria)
13. Otero Pedrayo, Rábade
14. IES Leiras Pulpeiro
15. CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla (Chantada)
16. CEIP Xosé Luís Taboada (Carballedo)
17. CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo (Chantada)
18. CEIP Gregorio Sanz Ribadeo
19. CEIP Muimenta
20. CEIP Santa María (As Pontes)
21. CEIP Sagrado Corazon
22. CEIP QUIROGA
23. CEIP Plurilingüe A Fraga (As Pontes)
martes, 10 de setembro de 2024
luns, 27 de novembro de 2023
domingo, 5 de novembro de 2023
CEIP ILLA VERDE E A OLERÍA
A OLERÍA NO CEE SANTA MARÍA
domingo, 22 de outubro de 2023
PRESENTACIÓN SOBRE A OLERÍA
A nosa compañeira Vanesa Bellas Fernández do CEE Santa María amósanos as cousas bonitas que se fan polos centros participantes do Colectivo.
Moitas gracias Vanesa! Un gusto gozar dos teus materiais!
Clicade na imaxe e abrirase o link ao material.
LISTADO DE PEZAS
Aquí tedes o listado das pezas que se adxudicaron a cada un dos centros participantes este curso 2023-24
ACORDOS DA REUNIÓN DO 3 DE OUTUBRO DO 2023
Comezou o onvo curso e o Colectivo Estiño ponse de novo en marcha!
O pasado día 3 de outubro reunímonos para ir dando as primeiras pinceladas deste novo calendario.
A xuntanza foi fructífera, xa que acordamos tema e fixamos prazos para o seu desenvolvemento, alén de outras cuestións.
Pero imos ao importante:
1️⃣O tema deste ano: A OLERÍA
2️⃣Temos todxs de prazo ata o vindeiro martes día 3 de outubro para confirmar a participación (contamos con todos vós!)
3️⃣Temos o mesmo prazo para enviar suxerencias de temas para as pezas (ou peticións se tedes especial predilección por algunha que sexa significativa para o voso alumnado).
4️⃣Mesmo prazo para enviar algunha suxerencia para o deseño do calendario (Se queredes podedes facer un pequeno boceto da vosa suxerencia e enviar unha foto do mesmo)
5️⃣ Ese mesmo día pola tarde xuntarémonos para facer a lista definitiva de temas para facer xa o reparto, polo que o mesmo día 3 xa saberedes cal lle tocou a cada centro e poderedes ir traballándoo co voso alumnado.
6️⃣ A semana do 9 de outubro faremos o deseño do calendário e enviarémosvos as pezas
7️⃣ A partir de que as recibades teremos todos os centros ata o día 10 de novembro para termos enviado a nosa colaboración (lembrade que para que a poidamos ter nós ese día é necesario enviala con días de antelación).
E isto é todo! Pronto teremos máis novas
xoves, 8 de decembro de 2022
xoves, 24 de novembro de 2022
O MAR NO CEE SANTA MARÍA
Nos centros do Colectivo Estiño trabállase moito e ben e senón botádelle un ollo a C.E.E. Santa María de Lugo. Que gran traballo! Parabéns!
mércores, 23 de novembro de 2022
mércores, 16 de novembro de 2022
COMO SE FIXO O CALENDARIO 2023
Para todxs xs que teñades curiosidade por saber como se fai o calendario aquí tedes un resumo da realización do deste ano.
domingo, 23 de outubro de 2022
INSTRUCCIÓNS
INFORMACIÓN XERAL PARA TODAS AS PEZAS
Aquí vos van algunhas instruccións para o proceso de creación:
1. En cada unha das pezas hai escrito un número que vos servirá para facervos unha idea xeral de onde está situada a vosa peza e que será moi ben acollida polo voso alumnado porque desta forma poderán facerse unha idea global de onde irá situada.
2. Tamén atoparedes unha frecha que vos amosará o sentido no que tedes que colocar a peza para completar cos vosas/os alumnas/os. Respectade este sentido
3. Ao faceren as fotocopias non modifiquedes o tamaño. As pezas xa están escaladas
4. Non repasar o borde da peza ( rotulador ...)
5. En cambio si que deberíades repasar as pezas que van dentro con rotulador fino
6. Incluír o nome da vosa peza en maiúscula sen que toque os bordes
7. Colorear toda a peza usando cores intensas
8. Non recortar as pezas
INSTRUCCIÓNS PARA AS PEZAS 1 E 2
- Empregade tons crus clariños para o fondo
INSTRUCCIÓNS PARA AS PEZAS DO FARO
- Pezas 3 e 4: Fondo en brando e non colorear a ventaniña
- Pezas 5, 6, 7, 8 e 9 : Fondo en tons marróns
INSTRUCCIÓNS PARA AS PEZAS QUE FORMAN O MAR
- Pezas do 10 ao 20: Fondo en tonos azuis
- Pezas 14 e 17: Poñer só DE BAIXURA E DE ALTURA respectivamente ( a palabra PESCA irá entre as dúas pezas)
OUTRAS INSTRUCCIÓN ADICIONAIS
- Os traballos deben ir referidos á cultura do mar en Galicia ( En Galicia non hai cocoteiros ou illas paradisíacas😉 )
- Agradecemos que fagades pequenos debuxos de 3cm X 3cm para completar os espazos baleiros do calendario
- Igualmente necesitamos refráns , adiviñas, cantigas.... relacionados co tema
- Facede unha selección de 5 debuxos cada centro.
- Todo traballo que fagades nas vosas escolas mandádenos enlaces para incluír neste blog e na nosa páxina web.
E isto é todo!
A crear!
ASIGNACIÓN DE PEZAS PARA OS CENTROS
venres, 14 de outubro de 2022
BOSQUEXO CALENDARIO 2023
Como vedes dedicado ao mar!
luns, 3 de outubro de 2022
NOVO CURSO 2022-23
Un ano máis aquí estamos preparadas e preparados para afrontar un novo curso cheo de alegría e sobre todo de moitos dos debuxos do noso alumnado para que quede plasmado no calendario do 2023.
Aí imos!
mércores, 12 de xaneiro de 2022
venres, 10 de decembro de 2021
domingo, 14 de novembro de 2021
xoves, 4 de novembro de 2021
CALENDARIO ESTIÑO NO IES LEIRAS PULPEIRO
sábado, 16 de outubro de 2021
INSTRUCCIÓNS A SEGUIR
Estas son as instruccións que vos pregamos sigades para facilitar a confección do noso bonito calendario.
Por correo ordinario (ou por outros medios) recibiredes nos vindeiros días unha peza das que compoñen o calendario deste ano.
Nela puxémosvos a modo de recordatorio:
a. Un número que se corresponde cunha das pezas que conforma o calendario e que podedes comprobar na imaxe que aquí vedes.
Isto é moi importante porque dávos unha idea de onde vai colocada e axuda aos nenos e nenas a facerse unha composición global do traballo.b. Unha frecha, que indica a dirección na que se debe colocar a peza para completala co debuxo dos alumnos/as. É de vital importancia respectar o sentido da peza para que todos os debuxos vaian ao dereito e axuda a colocar o nome no sentido correcto para a súa lectura.
Para que o traballo quede o mellor posible recordade dar aos voso alumnado as seguintes indicacións:
a. NON repasar o borde da peza.
b. INCLUIR o nome con letra maiúscula SEN QUE TOQUE cos bordes da peza. (isto faise porque á hora de facer a montaxe das pezas e encaixalas, ás veces hai que facer pequenos axustes).
c. RESPECTAR a orientación indicada pola frecha.
d. As figuras que formen o debuxo quedan mellor se son perfiladas con rotulador fino (tipo pilot).
e. Colorear TODA a superficie da peza, empregando tons intensos.
f. NON recortar as pezas.
- Instruccións para as cores do fondo:
-pezas do 1 ao 16: fondo grisáceo
-pezas do 17 ao 22: fondo amarelo
- Outras informacións importantes:
Podedes facer pingas de auga de 1,5 x 3 cm aproximadamente na que incluir palabras normativas relacionadas co tempo. As pingas vanse poñer enchendo o espazo que queda debaixo da nube a modo de chuvia de palabras.
Estivemos pensando que sería moi interesante elaborar un glosario de termos relacionados co tempo entre todos os centros educativos para incluir na revista Miuzallas. Xa recibiredes máis información ao respecto.
Tamén podedes facer pequenos debuxos (de 3x3 cm aproximadamente) do que pensedes que pode quedar ben para completar a decoración do calendario como se fai todos os anos.
Na franxa que sae entre a nube e o sol cara á esquerda vaise facer un arco da vella, e a idea é poñer ditos, refráns, cantigas, expresións relacionadas co tempo, así que podedes enviar tamén unha escolma das que teñades recollido co voso alumnado.
É imprescindible que fagades unha selección previa en cada centro, enviándonos un máximo de 5 debuxos.
É importante que recibamos máis dun porque para facer a montaxe sempre tempos en conta as pezas de arredor para combinar da mellor maneira posible
Pedímosvos que vaides pensando un número aproximado de calendarios que ides encargar. Para nós é moi importante este dato xa que en función diso faremos o pedido á empresa encargada de imprimilos.
Por último, avisarvos que as as pezas teñen que estar con nós o VENRES 5 DE NOVEMBRO como DATA TOPE
Poñédevos en contacto con nós ou ben mirade no whatsapp para saber onde mandar as vosas pezas
Moitas grazas a todas e todos polo voso esforzo. Recompensarase cando vexades o calendario rematado. Estamos seguros!
venres, 15 de outubro de 2021
xoves, 30 de setembro de 2021
PRIMEIRA REUNIÓN DO CALENDARIO 2021-2022
O pasado día 29 de setembro tivemos a primeira reunión para poñer as primeiras directrices do novo calendario.
Para facilitar a participación de todo aquel que quiexese tomar parte fixémola virtual. A participación foi numerosa polo que vos agradecemos esta participación activa.
Os temas tratados foron os seguintes:
- A temática do calendario deste ano será o tempo atmosférico
- Saíron varias palabras coas que deseñar o formato (chuvia, lóstrego, neve, treboada, sarabia, arco da vella, orballo, nubes, barruzo, estiño, xeada, furacán, seca, tornado, inundacións, primavera, riadas, verán, vento, outono, néboa, inverno, sol, cataventos, pluviómetro, anemómetro, barómetro,, higrómetro, aquecemento global, cataventos, tarabela, zorra, roupa...) pero ben sabedes que calquera aportación será ben recibida.
- Deseño: os posibles deseños son paraugas, nubes, arco da vella e pingas de auga pero agardamos aquilo que se vos ocorra
- Na semana seguinte enviaranse as pezas a cada un dos cetros
- Na primeira semana de novembro deberían estar os traballos rematados e entregados. Agardamos ter recibido para o venres 5 de novembro todas as pezas do calendario para comezar a montalo
Proximamente máis novas.
xoves, 23 de setembro de 2021
venres, 11 de xuño de 2021
REVISTA MIUZALLAS 2021
Un ano máis aquí tedes a nosa revista Miuzallas 2021.
Clicade na portada e abrirase un mundo novo cheo de bonitas páxinas feitas polo alumnado dos centros colaboradores.
Moitas gracias polo seu ben facer!
luns, 19 de abril de 2021
PLANILLA PARA A REVISTA
REUNIÓN MÉRCORES 14 DE ABRIL - REVISTA MIUZALLAS
O pasado día 14 de abril fixemos unha reunión era COVID (virtual) na que tomar decisións sobre a revista Miuzallas deste ano. Acadáronse as seguintes medidas:
- Editarase so en formato dixital para que sexa máis accesible a calquera persoa que estea interesado/a nela
-As colaboracións de cada centro basearanse no tema que lle foi asignado para o calendario. Aínda así pódese ampliar a outras temáticas pero sempre dentro do campo semántico do río
-Podedes enviar pasatempos, debuxos, poemas....
- Se tedes traballos multimedia podedes enviar o enlace para incluílos tanto neste blog coma na páxina web e así darle máis visibilidade.
- A data máxima de entrega é a primeira semana de maio para que así poidamos tela lista para as Letras Galegas
Agardamos as vosas fermosas aportacións!
Devecemos por velas!
luns, 7 de decembro de 2020
CALENDARIO DO 2021
martes, 17 de novembro de 2020
O NOSO CALENDARIO NO IES LEIRAS PULPEIRO
BOCETO DO CALENDARIO 2021
Aquí tedes o boceto que seguiremos para a creación do noso marabilloso calendario. Agardamos que vos guste.
xoves, 12 de novembro de 2020
xoves, 29 de outubro de 2020
REPARTO DE VIÑETAS PARA OS CENTROS PARTICIPANTES
Por fin temos elaborada a relación de centros participantes nesta edición e o reparto de temas para cada centro.
Se algún cole prefire traballar outro animal ou planta diferente que NON estea no listado, avisade por favor.
O deseño das pezas nas que facer os debuxos terémolos listos nos vindeiros días.
A poñer as cabeciñas a pensar!
mércores, 28 de outubro de 2020
A TEMÁTICA DO CALENDARIO DO 2021
NOVAS INCORPORACIÓNS PARA O CURSO 2020-2021
Gustaríanos dar a benvida aos compañeiros e compañeiras que se suman este ano ao noso colectivo: o CEIP San Xoán de Becerreá e o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.
BENVIDOS!
martes, 27 de outubro de 2020
EN ESPERA!
Neste ano tan atípico fixemos o noso calendario con toda a ilusión pero quedaron moitas cousas non tinteiro como por exemplo a nosa revista Miuzallas.
Os centros educativos quedaron baleiros e os nosos nenos e nenas non puideron amosarnos todo o que traballaran durante o ano coa temática das froitas.
Pero di o dito que ao mal tempo boa cara e iso é o que imos facer. Xa andamos argallando algo para o vindeiro curso.
martes, 6 de outubro de 2020
NOVO CURSO 2020-2021
Imos seguir enchendo o mundo coas ideas saídas das cabeciñas dos verdadeiros artífices do calendario Estiño: os nenos e nenas da Galicia de hoxe.
Estade atentos qiue pronto haberá novas
luns, 11 de maio de 2020
luns, 2 de decembro de 2019
Estiño no IES Leiras Pulpeiro
domingo, 24 de novembro de 2019
PRODUTO FINAL 2020
Que bonitiño é! Que colorido!
Agardamos que vos guste e que gocedes moito del
A falta dos últimos retoques quedade á espera do produto final
Saúdos estiñeiros
martes, 8 de outubro de 2019
BOCETO DO CALENDARIO
mércores, 2 de outubro de 2019
REPARTO DE FROITAS
martes, 24 de setembro de 2019
CALENDARIO 2020
Despois de varias xuntanzas e debate por fin temos a temática: AS FROITAS
Proximamente teredes máis novas.
Saúdos estiñeiros
sábado, 25 de maio de 2019
REVISTA MIUZALLAS 2019
Aquí tedes a revista deste ano dedicada ás flores Gozade dela que é moi bonitiña!
martes, 29 de xaneiro de 2019
DIRECCIÓNS INTERESANTES
Palabras de noso do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna onde recibirán encantados/as as vosas aportacións
martes, 11 de decembro de 2018
CALENDARIO 2019
O noso ben prezado calendario saíu á luz así que agora o que queda é mercalo para adornar os vosos fogares ou mesmo para facer un bonito agasallo de inicio de ano.
Os puntos de venta son:
- Libraría Trama
- Agrupación cultural A Volta do Agro
- C.I.G
- Facultade de Formación do Profesorado
- A Cova do Raposo
- Bico de Grao
luns, 19 de novembro de 2018
mércores, 14 de novembro de 2018
ASÍ SE RECOLLE O CALENDARIO NO IES LEIRAS PULPEIRO
http://e-un-falar.blogspot.com/2018/11/arrincamos-co-calendario-estino-2019.html?m=0