martes, 11 de decembro de 2018

CALENDARIO 2019

Por fin xa temos o resultado final!

 O noso ben prezado calendario saíu á luz así que agora o que queda é mercalo para adornar os vosos fogares ou mesmo para facer un bonito agasallo de inicio de ano.

Os puntos de venta son:
- Libraría Trama
- Agrupación cultural A Volta do Agro
- C.I.G
- Facultade de Formación do Profesorado
- A Cova do Raposo
- Bico de Grao

mércores, 14 de novembro de 2018

martes, 13 de novembro de 2018

BOCETO DO DEBUXO

Ola outra vez!
Achégase o momento de montar o calendario 2018-2019 e vós sen saber cal vai ser o debuxo!
Pois aquí vos deixamos un adianto de como vai ser a forma que tome o noso calendario este ano.
Agardamos con interese e entusiasmo as vosas obras de arte.

luns, 15 de outubro de 2018

mércores, 3 de outubro de 2018

CALENDARIO 2019


Este ano imos celebrar o 40 calendario de Estiño e queríamos que fora ben bonito, por iso na reunión celebrada onte decidimos que que mellor que dedicar a temática ás flores.
Fíxose un boceto de como poderá ser o debuxo final pero temos que darlle algunha voltiña máis. O que si temos finalizado é a distribución de flores por centro. 

No futuro próximo enviarémosvos xunto coa peza que vos corresponda as instruccións axeitadas para que non teñades ningún problema.
Ademais agradecémosvos que nos informedes do número aproximado de nenos e nenas que participarán dalgún xeito deste proxecto nos vosos centros
Enchamos o mundo de flores!





luns, 17 de setembro de 2018

VOLTA AO COLE


 Chegou o inicio de curso e con el as nosas ganas de voltar a preparar o almanaque do novo ano.
Desexámosvos un novo comezo de curso cheo de alegría e ilusión.
Imos aló!

xoves, 24 de maio de 2018

REVISTA MIUZALLAS 2018


Miuzallas 2018 from ropergo

 Aquí vos deixamosa versión dixital da revista Miuzallas 2018 dedicada á auga. Agardamos que vos guste. 
 

xoves, 3 de maio de 2018

PRONTO SAIRÁ A MIUZALLAS 2018

Despois de paxinar e distribuír os vosos traballos, hoxe saiu a revista Miuzallas cara a impresión. Agardamos ter pronto a versión en papel pero tamén a dixital para que todos poidamos gozar dela dende calquera parte do mundo.
Estamos agardándoa!

martes, 27 de marzo de 2018

LUME!

Co gallo do 8 de marzo amosámosvos un bonito poema que escribiu Antía Piñeiro, alumna do IES de Allariz. Toda unha declaración de intencións




domingo, 4 de marzo de 2018

O NOSO APOIO A ADELA FIGUEROA

Como é ben sabido, o pasado 27 de Febreiro viviuse un desafortunado acontecemento nas instalacións da Xunta de Galicia en Lugo

 Unha usuaria do Servizo de Deportes solicitou ser atendida en galego. A funcionaria en cuestión non só fallou nas súas responsabilidades senón que foi pouco profesional no seu facer.

O colectivo Estiño, firme defensor da lingua galega, quere apoiar a esa usuaria.

 O seu nome é Adela Figueroa.

Se queredes seguir o seu relato clicade aquí

Dende aquí todo o noso agarimo e forza, Adela.