martes, 24 de novembro de 2015

MONTAXE DO CALENDARIO 2016

Como ben sabedes o pasado día 20 de novembro xuntámonos na casa de Natalia e Luis para montar o calendario deste vindeiro ano 2016.
Agardamos que vos guste o resultado.

Ide pensando cantos queredes para os vosos centros e lembrade que, un ano máis, mantemos o prezo en 1,50€.
Coma sempre, poderemos recollelos na casa de Aurora, e os que prefirades outra forma de entrega non tedes máis que comunicárnolo.
Moitas grazas a todas e todos polo voso traballo.
En breve recibiredes información sobre a revista Miuzallas.
Aquí tedes algunha imaxes desa xuntanza.