sábado, 16 de outubro de 2021

INSTRUCCIÓNS A SEGUIR

Estas son as instruccións que vos pregamos sigades para facilitar a confección do noso bonito calendario. 

Por correo ordinario (ou por outros medios) recibiredes nos vindeiros días unha peza das que compoñen o calendario deste ano. 

Nela puxémosvos a modo de recordatorio: 

a. Un número que se corresponde cunha das pezas que conforma o calendario e que podedes comprobar na imaxe que aquí vedes.

Isto é moi importante porque dávos unha idea de onde vai colocada e axuda aos nenos e nenas a facerse unha composición global do traballo. 

b. Unha frecha, que indica a dirección na que se debe colocar a peza para completala co debuxo dos alumnos/as. É de vital importancia respectar o sentido da peza para que todos os debuxos vaian ao dereito e axuda a colocar o nome no sentido correcto para a súa lectura. 

Para que o traballo quede o mellor posible recordade dar aos voso alumnado as seguintes indicacións: 

a. NON repasar o borde da peza.

 b. INCLUIR o nome con letra maiúscula SEN QUE TOQUE cos bordes da peza. (isto faise porque á hora de facer a montaxe das pezas e encaixalas, ás veces hai que facer pequenos axustes). 

c. RESPECTAR a orientación indicada pola frecha. 

d. As figuras que formen o debuxo quedan mellor se son perfiladas con rotulador fino (tipo pilot). 

e. Colorear TODA a superficie da peza, empregando tons intensos. 

f. NON recortar as pezas. 

-  Instruccións para as cores do fondo: 

-pezas do 1 ao 16: fondo grisáceo

 -pezas do 17 ao 22: fondo amarelo 

- Outras informacións importantes: 

Podedes facer pingas de auga de 1,5 x 3 cm aproximadamente na que incluir palabras normativas relacionadas co tempo. As pingas vanse poñer enchendo o espazo que queda debaixo da nube a modo de chuvia de palabras. 

Estivemos pensando que sería moi interesante elaborar un glosario de termos relacionados co tempo entre todos os centros educativos para incluir na revista Miuzallas. Xa recibiredes máis información ao respecto. 

Tamén podedes facer pequenos debuxos (de 3x3 cm aproximadamente) do que pensedes que pode quedar ben para completar a decoración do calendario como se fai todos os anos. 

Na franxa que sae entre a nube e o sol cara á esquerda vaise facer un arco da vella, e a idea é poñer ditos, refráns, cantigas, expresións relacionadas co tempo, así que podedes enviar tamén unha escolma das que teñades recollido co voso alumnado.

É imprescindible que fagades unha selección previa en cada centro, enviándonos un máximo de 5 debuxos.

É importante que recibamos máis dun porque para facer a montaxe sempre tempos en conta as pezas de arredor para combinar da mellor maneira posible

 Pedímosvos que vaides pensando un número aproximado de calendarios que ides encargar. Para nós é moi importante este dato xa que en función diso faremos o pedido á empresa encargada de imprimilos. 

Por último, avisarvos que as as pezas teñen que estar con nós o VENRES 5 DE NOVEMBRO como DATA TOPE 

Poñédevos en contacto con nós ou ben mirade no whatsapp para saber onde mandar as vosas pezas 

Moitas grazas a todas e todos polo voso esforzo. Recompensarase cando vexades o calendario rematado. Estamos seguros!