martes, 29 de setembro de 2015

NOVA INCORPORACIÓN Á FAMILIA ESTIÑO

Hoxe é un alegre día para o colectivo Estiño damos unha calorosa benvida aos compañeiros e compañeiras do  COLEXIO DE PEDROUZOS, en Brión, que se animaron a formar parte desta nosa andaina. BENVIDOS, e agardamos que sexa por moitos anos!!!!

martes, 15 de setembro de 2015

XUNTANZA 14 DE SETEMBRO

Ola a todas e todos.
  Onte tivemos a primeira xuntanza deste curso que empeza, e despois de debatir sobre os temas propostos acordouse adicarlle ao  Manuel María o calendario e maila revista facéndoo coincidir, como ben seguro que sabedes, coa homenaxe das Letras Galegas do ano 2016.
A partir de hoxe podedes enviar propostas que se vos ocurran a vós ou aos vosos alumnos e alumnas para o deseño do calendario e tamén para as viñetas.
Aproveitamos tamén para pedirvos  a todas e todos que nos confirmedes a vosa continuidade nesta andaina con nós para ter os datos actualizados.
Para estas tres cousas temos todos de prazo ata o venres 25 de setembro, xa que o luns seguinte, día 28, xuntarémonos novamente para deixar concretado o deseño do calendario así como os temas sobre os que versarán cada unha das viñetas que traballaremos nos nosos respectivos centros de ensino.
Agardamos as vosas aportacións.

domingo, 13 de setembro de 2015

RECURSOS SOBRE MANUEL MARÍA


Co gallo da fututra celebración nas Letras Galegas do ano de Manuel María achegámosvos información que pode ser do voso interese sobre as iniciativas que teñen previsto desenvolver na Casa-Museo Manuel María neste curso escolar que comeza. Aquí tedes o enlace  ao catálogo de publicacións de obras de ou sobre Manuel María: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/publicacions/listar.htm

Así mesmo podedes ver a carta presentación coas actividades dispoñibles para a comunidade escolar

martes, 8 de setembro de 2015

COMEZA O CURSO DE NOVO

Ola compañeiras e compañeiros:
Acabou o verán, comezamos un novo curso e con el unha nova andaina estiñeira.
Para o vindeiro luns día 14 de setembro xuntarémonos ás 6 da tarde no "local social" (Grazas Aurora por ser tan xenerosa e ofrecernos unha vez máis a túa hospitalidade) para decidir o tema sobre o que imos traballar este ano.
Estades convocados a asistir todos os que queirades e, no caso de non vir, podedes enviarnos as vosas propostas deixando os vosos comentarios  enviando unha mensaxe ao correo electrónico do colectivo. Xa sabedes que entre todos as cousas sempre saen mellor.