mércores, 18 de outubro de 2017

REUNIÓN DO 21 DE SETEMBRO

Despois dun parón provocado por uns problemiñas técnicos e a modorra do San Froilán voltamos outra vez á carga dispostos a preparar o calendario máis bonitiño xamais visto. ( ou polo menos para este vindeiro ano)
Na última reunión do día 21 de setembro decidimos tomar como temática A AUGA.

O "departamento de deseño e artes plásticas" están a finalizar co debuxo que finalmente nos dará o soporte para cada unha das nosas viñetas.

 Mentres non temos ese preciado deseño final propoñémosvos cal é o tema que se vos asignou para que vaiades traballando sobre el:
- CEIP Rábade: A chuvia
- CEIP Albeiros: O ciclo da auga
- CPI Cervantes: A neve
- CPI Navia de Suarna: O río
- CEIP Sagrado Corazón: A auga como bebida.
- CEP Santa María: Os lavadoiros
- CEIP Cruceiro Vilalonga: O mar
- CEIP A Ponte: As termas
- IES Leiras Pulpeiro: Datos científicos ( fórmula, distribución en porcentaxes no mundo, no corpo humano...)
- IES Meira: A potabilidade
- CEIP Celso Currás: As fontes
- CEIP Mosteiro: A pesca
- CEIP Xoán de Requeixo: Os encoros
- CEIP Muimenta: Os muíños
- CEIP Monseivane: As lagoas
- CEIP As Nogais: As fervenzas
- CEIP Poboa de Brollón: Os pozos
- CEIP Eloísa Ribadulla: A seca, a escaseza
- CEIP Allariz: A contaminación
- EEI Sarria: A roupa de auga
- CEIP Xosé Luis Taboada: Os estados da auga
- CEIP Quiroga Ballesteros: A sarabia
- CEIP Illa Verde: A hixiene
Agardamos enviarvos os vosos modelos respectivos o antes posible.
Que teñades un feliz comezo de outono libre de desgrazas coma estes últimos lumes.
Saúdos estiñeiros.