luns, 7 de decembro de 2020

CALENDARIO DO 2021

 
Aquí tedes finalmente o calendario deste ano. 
Ben bonitiño que quedou! 
Un calendario que esperamos sexa imaxe deste novo ano que vai comezar, cheo de vida e natureza viva.
Esperamos que vos guste!
 

COMO SE FIXO O CALENDARIO DO 2021

martes, 17 de novembro de 2020

O NOSO CALENDARIO NO IES LEIRAS PULPEIRO

O blog de normalización do IES Leiras Pulpeiro recolle a súa participación na creación do calendario de Estiño.Clicade na imaxe se queredes ver como o fixeron

BOCETO DO CALENDARIO 2021

 Aquí tedes o boceto que seguiremos para a creación do noso marabilloso calendario. Agardamos que vos guste.

xoves, 29 de outubro de 2020

REPARTO DE VIÑETAS PARA OS CENTROS PARTICIPANTES

Por fin temos elaborada a relación de centros participantes nesta edición e o reparto de temas para cada centro.


Se algún cole prefire traballar outro animal ou planta diferente que NON estea no listado, avisade por favor.


O deseño das pezas nas que facer os debuxos terémolos listos nos vindeiros días.

A poñer as cabeciñas a pensar!


mércores, 28 de outubro de 2020

A TEMÁTICA DO CALENDARIO DO 2021

Nunha reunión informal, e en "petit comité" dadas as circunstancias, xurdiu a idea dos ríos e os seus ecosistemas como idea central do calendario deste ano. Que vos parece?

NOVAS INCORPORACIÓNS PARA O CURSO 2020-2021

Gustaríanos dar a benvida aos compañeiros e compañeiras que se suman este ano ao noso colectivo: o CEIP San Xoán de Becerreá e o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.

BENVIDOS!


martes, 27 de outubro de 2020

EN ESPERA!

Neste ano tan atípico fixemos o noso calendario con toda a ilusión pero quedaron moitas cousas non tinteiro como por exemplo a nosa revista Miuzallas.

Os centros educativos quedaron baleiros e os nosos nenos e nenas non puideron amosarnos todo o que traballaran durante o ano coa temática das froitas.

Pero di o dito que ao mal tempo boa cara e iso é o que imos facer. Xa andamos argallando algo para o vindeiro curso.


 

martes, 6 de outubro de 2020

NOVO CURSO 2020-2021

Chegou o novo curso! Un curso chego de incertidumes, dúbidas e medos pero nós non imos amedrentarnos. 

Imos seguir enchendo o mundo coas ideas saídas das cabeciñas dos verdadeiros artífices do calendario Estiño: os nenos e nenas da Galicia de hoxe.

Estade atentos qiue pronto haberá novas