martes, 19 de setembro de 2017

REUNIÓN 18 DE SETEMBRO

Ola compañeiros e compañeiras!

Como sabedes o pasado luns día 18 xuntámonos de novo para decidiren cal ía ser o tema do calendario do vindeiro curso e xurdiron dúas cuestións:

1. Continúan todos os centros que participaban o ano pasado? Incorpórase algún máis?
Para solventar esta dúbida pregámosvos que en caso de non seguir ou ben se a persoa / e-mail de contacto cambiou nolo digades o antes posible.

2. Despois de moitas deliberacións e tendo en conta as vosas aportacións escollemos o tema de A AUGA. Pero o traballo non remata aí. Agora temos que pensar como podería ser o deseño da silueta e tamén a que se podería dedicar cada unha das viñetas, polo que necesitamos da vosa axuda novamente. Mandádenos ideas, debuxos, temas...na forma que mellor creades (explicándonolo, escaneando o debuxo...) Agardamos as vosas suxerencias coma auga de maio ( dito moi acaído para o tema en cuestión)

E agora que a maquinaria xa comezou a funcionar non a deixemos parar.  Volvemos a reunirnos o luns próximo, día 25 de setembro, na rúa Dinán 9 2º A onde vos esperamos.

martes, 12 de setembro de 2017

NOVO INICIO DE CURSO 2017-2018

Ola compañeiras e compañeiros!

O pasado luns comezamos de novo a nosa andaina cunha reunión coa que pretendemos poñérmonos de novo en funcionamento. E que mellor que empezar pensando en cal podería ser a temática do próximo calendario!

Algúns dos temas que saíron foron os lugares máxicos, o cocho, a auga... pero é probable que moitos de vós teñades unhas ideas maravillosas que nos darán moitas máis opcións. Polo tanto, estamos á espera de que nos fagades chegar calquera suxerencia que teñades.

O vindeiro luns repetiremos a reunión no mesmo sitio ( Rúa Dinán 9 2A) e á mesma hora (4:30) para escoller un deses temas e comezar a "argallar" no calendario do ano que ven.

Agardamos as vosas ideas.

Desexámosvos un bo comezo de curso e felicitámosvos por seguir sendo parte de Estiño.

domingo, 10 de setembro de 2017

A VOLTA AO COLE. CURSO 2017-2018

Despois dun verán reparador xa estamos aquí de novo. Comezamos este novo curso cun pulo que nos levará a traballar máis e mellor.
E que mellor que empezar a ano oca primeira reunión!
Hoxe xuntarémonos ás 4.30 para dar as primeiras pinceladas do calendario do vindeiro ano.
Convidámosvos á reunión para que aportedes as vosas ideas.
Agardámosvos.