venres, 10 de decembro de 2021

xoves, 4 de novembro de 2021

sábado, 16 de outubro de 2021

INSTRUCCIÓNS A SEGUIR

Estas son as instruccións que vos pregamos sigades para facilitar a confección do noso bonito calendario. 

Por correo ordinario (ou por outros medios) recibiredes nos vindeiros días unha peza das que compoñen o calendario deste ano. 

Nela puxémosvos a modo de recordatorio: 

a. Un número que se corresponde cunha das pezas que conforma o calendario e que podedes comprobar na imaxe que aquí vedes.

Isto é moi importante porque dávos unha idea de onde vai colocada e axuda aos nenos e nenas a facerse unha composición global do traballo. 

b. Unha frecha, que indica a dirección na que se debe colocar a peza para completala co debuxo dos alumnos/as. É de vital importancia respectar o sentido da peza para que todos os debuxos vaian ao dereito e axuda a colocar o nome no sentido correcto para a súa lectura. 

Para que o traballo quede o mellor posible recordade dar aos voso alumnado as seguintes indicacións: 

a. NON repasar o borde da peza.

 b. INCLUIR o nome con letra maiúscula SEN QUE TOQUE cos bordes da peza. (isto faise porque á hora de facer a montaxe das pezas e encaixalas, ás veces hai que facer pequenos axustes). 

c. RESPECTAR a orientación indicada pola frecha. 

d. As figuras que formen o debuxo quedan mellor se son perfiladas con rotulador fino (tipo pilot). 

e. Colorear TODA a superficie da peza, empregando tons intensos. 

f. NON recortar as pezas. 

-  Instruccións para as cores do fondo: 

-pezas do 1 ao 16: fondo grisáceo

 -pezas do 17 ao 22: fondo amarelo 

- Outras informacións importantes: 

Podedes facer pingas de auga de 1,5 x 3 cm aproximadamente na que incluir palabras normativas relacionadas co tempo. As pingas vanse poñer enchendo o espazo que queda debaixo da nube a modo de chuvia de palabras. 

Estivemos pensando que sería moi interesante elaborar un glosario de termos relacionados co tempo entre todos os centros educativos para incluir na revista Miuzallas. Xa recibiredes máis información ao respecto. 

Tamén podedes facer pequenos debuxos (de 3x3 cm aproximadamente) do que pensedes que pode quedar ben para completar a decoración do calendario como se fai todos os anos. 

Na franxa que sae entre a nube e o sol cara á esquerda vaise facer un arco da vella, e a idea é poñer ditos, refráns, cantigas, expresións relacionadas co tempo, así que podedes enviar tamén unha escolma das que teñades recollido co voso alumnado.

É imprescindible que fagades unha selección previa en cada centro, enviándonos un máximo de 5 debuxos.

É importante que recibamos máis dun porque para facer a montaxe sempre tempos en conta as pezas de arredor para combinar da mellor maneira posible

 Pedímosvos que vaides pensando un número aproximado de calendarios que ides encargar. Para nós é moi importante este dato xa que en función diso faremos o pedido á empresa encargada de imprimilos. 

Por último, avisarvos que as as pezas teñen que estar con nós o VENRES 5 DE NOVEMBRO como DATA TOPE 

Poñédevos en contacto con nós ou ben mirade no whatsapp para saber onde mandar as vosas pezas 

Moitas grazas a todas e todos polo voso esforzo. Recompensarase cando vexades o calendario rematado. Estamos seguros!

xoves, 30 de setembro de 2021

PRIMEIRA REUNIÓN DO CALENDARIO 2021-2022

O pasado día 29 de setembro tivemos a primeira reunión para poñer as primeiras directrices do novo calendario. 

Para facilitar a participación de todo aquel que quiexese tomar parte fixémola virtual. A participación foi numerosa polo que vos agradecemos esta participación activa. 

Os temas tratados foron os seguintes: 

- A temática do calendario deste ano será o tempo atmosférico 

 - Saíron varias palabras coas que deseñar o formato (chuvia, lóstrego, neve, treboada, sarabia, arco da vella, orballo, nubes, barruzo, estiño, xeada, furacán, seca, tornado, inundacións, primavera, riadas, verán, vento, outono, néboa, inverno, sol, cataventos, pluviómetro, anemómetro, barómetro,, higrómetro, aquecemento global, cataventos, tarabela, zorra, roupa...) pero ben sabedes que calquera aportación será ben recibida.

 - Deseño: os posibles deseños son paraugas, nubes, arco da vella e pingas de auga pero agardamos aquilo que se vos ocorra 

 - Na semana seguinte enviaranse as pezas a cada un dos cetros

 - Na primeira semana de novembro deberían estar os traballos rematados e entregados. Agardamos ter recibido para o venres 5 de novembro todas as pezas do calendario para comezar a montalo 

 Proximamente máis novas.

xoves, 23 de setembro de 2021

Un ano máis comeza un novo curso. Esperemos que pouco a pouco a pandemia nos vaia deixando facer unha vida máis normal e que poidamos sentirnos máis seguros e relaxados e tanto os nos alumnado coma nós poidamos gozar de novas e excitantes experiencias. Seguro que si! Para que todo continúe o máis normal posible proximamente vos daremos pistas de por onde van ir os pasos do calendario deste ano Seguídenos a pista!

venres, 11 de xuño de 2021

REVISTA MIUZALLAS 2021

 

Un ano máis aquí tedes a nosa revista Miuzallas 2021.

 Clicade na portada e abrirase un mundo novo cheo de bonitas páxinas feitas polo alumnado dos centros colaboradores.

Moitas gracias polo seu ben facer!


 

luns, 19 de abril de 2021

PLANILLA PARA A REVISTA

Aquí vos deixamos o formato da planilla para facer a revista. Recordádelle aos vosos alumnos/as que o peixiño debe quedar libre para paxinar.

 Imos aló!


REUNIÓN MÉRCORES 14 DE ABRIL - REVISTA MIUZALLAS

O pasado día 14 de abril fixemos unha reunión era COVID (virtual) na que tomar decisións sobre a revista Miuzallas deste ano. Acadáronse as seguintes medidas:

 - Editarase so en formato dixital para que sexa máis accesible a calquera persoa que estea interesado/a nela 

-As colaboracións de cada centro basearanse no tema que lle foi asignado para o calendario. Aínda así pódese ampliar a outras temáticas pero sempre dentro do campo semántico do río

 -Podedes enviar pasatempos, debuxos, poemas.... 

- Se tedes traballos multimedia podedes enviar o enlace para incluílos tanto neste blog coma na páxina web e así darle máis visibilidade.

 - A data máxima de entrega é a primeira semana de maio para que así poidamos tela lista para as Letras Galegas 

 Agardamos as vosas fermosas aportacións! 

Devecemos por velas!