xoves, 30 de setembro de 2021

PRIMEIRA REUNIÓN DO CALENDARIO 2021-2022

O pasado día 29 de setembro tivemos a primeira reunión para poñer as primeiras directrices do novo calendario. 

Para facilitar a participación de todo aquel que quiexese tomar parte fixémola virtual. A participación foi numerosa polo que vos agradecemos esta participación activa. 

Os temas tratados foron os seguintes: 

- A temática do calendario deste ano será o tempo atmosférico 

 - Saíron varias palabras coas que deseñar o formato (chuvia, lóstrego, neve, treboada, sarabia, arco da vella, orballo, nubes, barruzo, estiño, xeada, furacán, seca, tornado, inundacións, primavera, riadas, verán, vento, outono, néboa, inverno, sol, cataventos, pluviómetro, anemómetro, barómetro,, higrómetro, aquecemento global, cataventos, tarabela, zorra, roupa...) pero ben sabedes que calquera aportación será ben recibida.

 - Deseño: os posibles deseños son paraugas, nubes, arco da vella e pingas de auga pero agardamos aquilo que se vos ocorra 

 - Na semana seguinte enviaranse as pezas a cada un dos cetros

 - Na primeira semana de novembro deberían estar os traballos rematados e entregados. Agardamos ter recibido para o venres 5 de novembro todas as pezas do calendario para comezar a montalo 

 Proximamente máis novas.

xoves, 23 de setembro de 2021

Un ano máis comeza un novo curso. Esperemos que pouco a pouco a pandemia nos vaia deixando facer unha vida máis normal e que poidamos sentirnos máis seguros e relaxados e tanto os nos alumnado coma nós poidamos gozar de novas e excitantes experiencias. Seguro que si! Para que todo continúe o máis normal posible proximamente vos daremos pistas de por onde van ir os pasos do calendario deste ano Seguídenos a pista!