E aquí está por fin o noso calendario 2017 das lambetadas. Agardamos que vos guste.
venres, 16 de decembro de 2016
xoves, 27 de outubro de 2016
PLANTILLA DO CALENDARIO
Xa temos o debuxo do calendario!
Estamos moi felices de ter xa a imaxe que adornará esta ano moitos fogares.
Agora só falta que vós poñades en marcha a maquinaria "Estiño" a funcionar e para iso recordarvos unha sinxelas normas cara o mellor resultado:
1-COLOREAR INTENSAMENTE
2-RESPECTAR AS BEIRAS.
3-PREFERIBLEMENTE EMPREGAR LETRAS MAIÚSCULAS PARA POÑER O NOME DE CADA UN DOS DOCES E NON PEGAR DE TODO AS LETRAS ÁS BEIRAS (por se temos que recortar algunha peza para axustar ben o deseño).
4- OS DEBUXOS XERALMENTE QUEDAN MELLOR SE VAN REPASADOS CON PILOT NEGRO.
5- No deseño vaise incluir un globo de texto no que estamos a pensar poñer algún texto relacionado co tema (similar ao de Einstein co calendario das abellas, etc) Se sabedes dalgún que poida encaixar... compartídeo!!!!
6-Como en anos anteriores tamén se poden facer DEBUXOS PEQUERRECHIÑOS que non superen os 2x2 cm relacionados co tema para completar o calendario. Tamén poden ser ovos de cores e unha galiña azul (Carlos Casares)
7-A DATA TOPE PARA A ENTREGA DOS DEBUXOS É O MÉRCORES 16 DE NOVEMBRO. Aínda queda moito por facer (montaxe, impresión, reparto...) así que respectar os prazos facilitará que chegue o Nadal e xa o teñamos listo.
As plantillas serán repartidas polas vías habituais a non ser que nos deades algunha outra opción.
A crear!

luns, 10 de outubro de 2016
REPARTO DE DOCES PARA O CALENDARIO
Aquí estamos de novo para darvos novas de cales son os doces que se asignaron a cada un dos centros participantes.
Como podedes ver adxuntamos unha táboa na que tedes os datos necesarios para comezar a traballar.
O primeiro cadro mostra o nome do centro. O segundo cadro cara a dereita é o doce co que deberedes traballar e o terceiro cadro está baleiro porque aínda non está rematado o deseño do calendario e polo tanto non sabemos en que lugar se situarán cada un dos debuxos que o conformarán.
Comezamos!
martes, 20 de setembro de 2016
PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO 2016-2017
O pasado día 15 tivemos a primeira xuntanza deste ano. Unha xuntanza moi productiva e fructífera que rematou con moitas novidades:
- Xa temos tema para o 38 calendario: OS DOCES DA CASA. Trataremos a temática das sobremesas coas que , como bos galegos, sempre rematamos as xuntanzas. Doces tales como os biscoitos, roscas, bicas, chulas, orellas, arroz con leite, filloas, etc etc etc.
Só nos falta a vosa colaboración para completar unha boa listaxe deles para termos un por centro para comezar a traballar.
Se na zona do voso centro hai algunha sobremesa en particular facédenolo saber para facer un reparto o máis axeitado posible.
- Tamén precisamos a vosa colaboración aportando ideas para o deseño do calendario así como para o título, que aínda non o temos decidido.A colaboración de todos os que que participamos en Estiño é fundamental, así que... animádevos, que cantas máis ideas teñamos, mellor será o resultado!!
A seguinte reunión ha ser o 29 de setembro polo que vos pregamos que enviedes as vosas suxestións antes do mércores 28, e podedes facelo ben por correo electrónico, ben a través do whatsapp, ou neste mesmo blog.
Agardamos ansiosos as vosas aportacións

BENVIDA A UN NOVO MEMBRO DA FAMILIA ESTIÑEIRA
Estamos moi ledos de darlle a benvida a un novo centro que se une á causa estiñeira: o C.E.I.P. Celso Currás de Trabada.
Sede benvidos e que sexa por moitos anos!

martes, 13 de setembro de 2016
COMEZO DO NOVO CURSO ESCOLAR 2016-2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)