O pasado día 15 tivemos a primeira xuntanza deste ano. Unha xuntanza moi productiva e fructífera que rematou con moitas novidades:
- Xa temos tema para o 38 calendario: OS DOCES DA CASA. Trataremos a temática das sobremesas coas que , como bos galegos, sempre rematamos as xuntanzas. Doces tales como os biscoitos, roscas, bicas, chulas, orellas, arroz con leite, filloas, etc etc etc.
Só nos falta a vosa colaboración para completar unha boa listaxe deles para termos un por centro para comezar a traballar.
Se na zona do voso centro hai algunha sobremesa en particular facédenolo saber para facer un reparto o máis axeitado posible.
- Tamén precisamos a vosa colaboración aportando ideas para o deseño
do calendario así como para o título, que aínda non o temos decidido.A colaboración de todos os que que participamos en Estiño é fundamental,
así que... animádevos, que cantas máis ideas teñamos, mellor será o
resultado!!
A seguinte reunión ha ser o 29 de setembro polo que vos pregamos que enviedes as vosas suxestións antes do mércores 28, e podedes facelo ben por correo electrónico, ben a
través do whatsapp, ou neste mesmo blog.
Agardamos ansiosos as vosas aportacións
Ningún comentario:
Publicar un comentario