martes, 20 de setembro de 2016

PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO 2016-2017

O pasado día 15 tivemos a primeira xuntanza deste ano. Unha xuntanza moi productiva e fructífera que rematou con moitas novidades:

- Xa temos tema para o 38 calendario: OS DOCES DA CASA. Trataremos a temática das sobremesas coas que , como bos galegos, sempre rematamos as xuntanzas. Doces tales como os biscoitos, roscas, bicas, chulas, orellas, arroz con leite, filloas, etc etc etc.
 Só nos falta a vosa colaboración para completar unha boa listaxe deles para termos un por centro para comezar a traballar.
Se na zona do voso centro hai algunha sobremesa en particular facédenolo saber para facer un reparto o máis axeitado posible.

- Tamén precisamos a vosa colaboración aportando ideas para o deseño do calendario así como para o título, que aínda non o temos decidido.A colaboración de todos os que que participamos en Estiño é fundamental, así que... animádevos, que cantas máis ideas teñamos, mellor será o resultado!!

A seguinte reunión ha ser o 29 de setembro polo que vos pregamos que enviedes as vosas suxestións antes do mércores 28, e podedes facelo ben por correo electrónico, ben a través do whatsapp, ou neste mesmo blog.

Agardamos ansiosos as vosas aportacións

BENVIDA A UN NOVO MEMBRO DA FAMILIA ESTIÑEIRA

Estamos moi ledos de darlle a benvida a un novo centro que se une á causa estiñeira: o C.E.I.P. Celso Currás de Trabada.
Sede benvidos e que sexa por moitos anos!

martes, 13 de setembro de 2016

COMEZO DO NOVO CURSO ESCOLAR 2016-2017

Ola compañeir@s!
Aquí estamos comezando o novo curso con forza e ilusión.
Desexámosvos un inicio cheo de alegría e enerxías positivas.
Axiña hemos ter novas!