martes, 19 de setembro de 2017

REUNIÓN 18 DE SETEMBRO

Ola compañeiros e compañeiras!

Como sabedes o pasado luns día 18 xuntámonos de novo para decidiren cal ía ser o tema do calendario do vindeiro curso e xurdiron dúas cuestións:

1. Continúan todos os centros que participaban o ano pasado? Incorpórase algún máis?
Para solventar esta dúbida pregámosvos que en caso de non seguir ou ben se a persoa / e-mail de contacto cambiou nolo digades o antes posible.

2. Despois de moitas deliberacións e tendo en conta as vosas aportacións escollemos o tema de A AUGA. Pero o traballo non remata aí. Agora temos que pensar como podería ser o deseño da silueta e tamén a que se podería dedicar cada unha das viñetas, polo que necesitamos da vosa axuda novamente. Mandádenos ideas, debuxos, temas...na forma que mellor creades (explicándonolo, escaneando o debuxo...) Agardamos as vosas suxerencias coma auga de maio ( dito moi acaído para o tema en cuestión)

E agora que a maquinaria xa comezou a funcionar non a deixemos parar.  Volvemos a reunirnos o luns próximo, día 25 de setembro, na rúa Dinán 9 2º A onde vos esperamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario