luns, 27 de novembro de 2017

REUNIÓN MARTES 21 DE NOVEMBRO- CREACIÓN DO CALENDARIO 2018

O día 21 de novembro reunímonos de novo para facer o calendario 2018.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes do momento para que poidades gozar con elas.

mércores, 1 de novembro de 2017

REVISTA MIUZALLAS


Bo día a todas e todos!

Como ben sabedes o colectivo Estiño ademais de crear o tan fermoso calendario pretende tamén recoller todo ese traballo arduo e laborioso que facedes nos centros nunha revista que dea visibilidade ao que estades a facer. Ese é o obxecto de Miuzallas: poñer en común as diferentes iniciativas que levades a cabo cada un de vós.

Analizando as dinámicas de anos anteriores chegamos á conclusión de que quizais sería interesante comezar a recoller todas esas cousas bonitas que facedes xa dende o momento en que se empeza a elaborar o calendario. Por experiencia sabemos que ese é o momento en que máis se traballa o tema. Así que para aqueles que xa queirades ir recollendo as vosas actividades mandámosvos xa a plantilla da revista.

Como poderedes ver está en formato PDF. Algúns de vós comentástesnos o ano pasado que vos gustaría ter unha plantilla na que puidérades escribir non só a man senón tamén a ordenador. Utilizando o programa Adobe Acrobat Pro podedes insertar o texto que queirades ( Barra superior, icono dunha folla cun boli -> firmar, agregar texto).

Recordade que non podedes debuxar nin escribir no debuxiño da nube que hai na parte inferior.

Máis adiante daremos prazo de entrega para que nos mandedes esas cousas bonitas que sabedes facer.

Que vos flúan as boas ideas e os bos sentimentos coma fontes sen fin.

REPARTO DAS VIÑETAS CALENDARIO 2017-2018



Benqueridos compañeiros e compañeiras!

Por fin temos xa a versión definitiva do debuxo coa súa distribución para cada un dos centros!

No documento adxunto atoparedes unha táboa onde está o nome do voso cole, a temática que vos corresponde e o número de viñeta que vos foi asignado.

Aínda que xa todos coñecedes como é o funcionamento recordade:
- Non empregar azul como fondo da viñeta. No calendario deste ano é inevitable usar o azul pero temos que tentar utilizalo o menos posible.
- A maiores da vosa viñeta podedes enviarnos debuxiños dun tamaño aproximado de 2 x 2 cm. para completar o calendario.
- Tamén necesitamos ditos, adiviñas, refráns.... para colocar en pequenos espazos que queden libres.
- Non modifiquedes o tamaño das viñetas que vos foron enviadas.
- Recordade escribir con letra ben clariña cal é o nome da vosa parcela de calendario.
- COLOREAR INTENSAMENTE
- RESPECTAR AS BEIRAS.
- PREFERIBLEMENTE EMPREGAR LETRAS MAIÚSCULAS PARA POÑER O NOME DE CADA UNHA DAS VIÑETAS E NON PEGAR DE TODO AS LETRAS ÁS BEIRAS (por se temos que recortar algunha peza para axustar ben o deseño).
- OS DEBUXOS XERALMENTE QUEDAN MELLOR SE VAN REPASADOS CON PILOT NEGRO.
- No deseño vaise incluir un globo de texto no que estamos a pensar poñer algún texto relacionado co tema- Se sabedes dalgún que poida encaixar... compartídeo!!!!
 - Como en anos anteriores tamén se poden facer DEBUXOS PEQUERRECHIÑOS que non superen os 2x2 cm relacionados co tema para completar o calendario.
- A DATA TOPE PARA A ENTREGA DOS DEBUXOS É O MARTES 15 DE NOVEMBRO. Aínda queda moito por facer (montaxe, impresión, reparto...) así que respectar os prazos facilitará que chegue o Nadal e xa o teñamos listo.


MOI IMPORTANTE- Prazo de entrega: os vosos debuxos deberían estar con nós antes do 15 de novembro. Temos idea de montar o calendario o venres 17 polo que vos pregamos encarecidamente que nolos fagades chegar como máximo ese día 15.

E despois de recordarvos todas estas cousiñas, darvos as grazas pola implicación neste bonito proxecto que entre todos facemos que sexa coñecido alén dos sete mares.