mércores, 1 de novembro de 2017

REVISTA MIUZALLAS


Bo día a todas e todos!

Como ben sabedes o colectivo Estiño ademais de crear o tan fermoso calendario pretende tamén recoller todo ese traballo arduo e laborioso que facedes nos centros nunha revista que dea visibilidade ao que estades a facer. Ese é o obxecto de Miuzallas: poñer en común as diferentes iniciativas que levades a cabo cada un de vós.

Analizando as dinámicas de anos anteriores chegamos á conclusión de que quizais sería interesante comezar a recoller todas esas cousas bonitas que facedes xa dende o momento en que se empeza a elaborar o calendario. Por experiencia sabemos que ese é o momento en que máis se traballa o tema. Así que para aqueles que xa queirades ir recollendo as vosas actividades mandámosvos xa a plantilla da revista.

Como poderedes ver está en formato PDF. Algúns de vós comentástesnos o ano pasado que vos gustaría ter unha plantilla na que puidérades escribir non só a man senón tamén a ordenador. Utilizando o programa Adobe Acrobat Pro podedes insertar o texto que queirades ( Barra superior, icono dunha folla cun boli -> firmar, agregar texto).

Recordade que non podedes debuxar nin escribir no debuxiño da nube que hai na parte inferior.

Máis adiante daremos prazo de entrega para que nos mandedes esas cousas bonitas que sabedes facer.

Que vos flúan as boas ideas e os bos sentimentos coma fontes sen fin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario