E aquí está por fin o noso calendario 2017 das lambetadas. Agardamos que vos guste.
venres, 16 de decembro de 2016
xoves, 27 de outubro de 2016
PLANTILLA DO CALENDARIO
Xa temos o debuxo do calendario!
Estamos moi felices de ter xa a imaxe que adornará esta ano moitos fogares.
Agora só falta que vós poñades en marcha a maquinaria "Estiño" a funcionar e para iso recordarvos unha sinxelas normas cara o mellor resultado:
1-COLOREAR INTENSAMENTE
2-RESPECTAR AS BEIRAS.
3-PREFERIBLEMENTE EMPREGAR LETRAS MAIÚSCULAS PARA POÑER O NOME DE CADA UN DOS DOCES E NON PEGAR DE TODO AS LETRAS ÁS BEIRAS (por se temos que recortar algunha peza para axustar ben o deseño).
4- OS DEBUXOS XERALMENTE QUEDAN MELLOR SE VAN REPASADOS CON PILOT NEGRO.
5- No deseño vaise incluir un globo de texto no que estamos a pensar poñer algún texto relacionado co tema (similar ao de Einstein co calendario das abellas, etc) Se sabedes dalgún que poida encaixar... compartídeo!!!!
6-Como en anos anteriores tamén se poden facer DEBUXOS PEQUERRECHIÑOS que non superen os 2x2 cm relacionados co tema para completar o calendario. Tamén poden ser ovos de cores e unha galiña azul (Carlos Casares)
7-A DATA TOPE PARA A ENTREGA DOS DEBUXOS É O MÉRCORES 16 DE NOVEMBRO. Aínda queda moito por facer (montaxe, impresión, reparto...) así que respectar os prazos facilitará que chegue o Nadal e xa o teñamos listo.
As plantillas serán repartidas polas vías habituais a non ser que nos deades algunha outra opción.
A crear!

luns, 10 de outubro de 2016
REPARTO DE DOCES PARA O CALENDARIO
Aquí estamos de novo para darvos novas de cales son os doces que se asignaron a cada un dos centros participantes.
Como podedes ver adxuntamos unha táboa na que tedes os datos necesarios para comezar a traballar.
O primeiro cadro mostra o nome do centro. O segundo cadro cara a dereita é o doce co que deberedes traballar e o terceiro cadro está baleiro porque aínda non está rematado o deseño do calendario e polo tanto non sabemos en que lugar se situarán cada un dos debuxos que o conformarán.
Comezamos!
martes, 20 de setembro de 2016
PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO 2016-2017
O pasado día 15 tivemos a primeira xuntanza deste ano. Unha xuntanza moi productiva e fructífera que rematou con moitas novidades:
- Xa temos tema para o 38 calendario: OS DOCES DA CASA. Trataremos a temática das sobremesas coas que , como bos galegos, sempre rematamos as xuntanzas. Doces tales como os biscoitos, roscas, bicas, chulas, orellas, arroz con leite, filloas, etc etc etc.
Só nos falta a vosa colaboración para completar unha boa listaxe deles para termos un por centro para comezar a traballar.
Se na zona do voso centro hai algunha sobremesa en particular facédenolo saber para facer un reparto o máis axeitado posible.
- Tamén precisamos a vosa colaboración aportando ideas para o deseño do calendario así como para o título, que aínda non o temos decidido.A colaboración de todos os que que participamos en Estiño é fundamental, así que... animádevos, que cantas máis ideas teñamos, mellor será o resultado!!
A seguinte reunión ha ser o 29 de setembro polo que vos pregamos que enviedes as vosas suxestións antes do mércores 28, e podedes facelo ben por correo electrónico, ben a través do whatsapp, ou neste mesmo blog.
Agardamos ansiosos as vosas aportacións

BENVIDA A UN NOVO MEMBRO DA FAMILIA ESTIÑEIRA
Estamos moi ledos de darlle a benvida a un novo centro que se une á causa estiñeira: o C.E.I.P. Celso Currás de Trabada.
Sede benvidos e que sexa por moitos anos!
Sede benvidos e que sexa por moitos anos!
martes, 13 de setembro de 2016
COMEZO DO NOVO CURSO ESCOLAR 2016-2017
mércores, 16 de decembro de 2015
martes, 24 de novembro de 2015
MONTAXE DO CALENDARIO 2016
Como ben sabedes o pasado día 20 de novembro xuntámonos na casa de Natalia e Luis para montar o calendario deste vindeiro ano 2016.
Agardamos que vos guste o resultado.
Aquí tedes algunha imaxes desa xuntanza.
Agardamos que vos guste o resultado.
Ide pensando cantos queredes para os vosos centros e lembrade que, un ano máis, mantemos o prezo en 1,50€.
Coma sempre, poderemos recollelos na casa de Aurora, e os que
prefirades outra forma de entrega non tedes máis que comunicárnolo.
Moitas grazas a todas e todos polo voso traballo.
En breve recibiredes información sobre a revista Miuzallas.
domingo, 11 de outubro de 2015
XA TEMOS A PLANTILLA DO NOVO CALENDARIO!
Despois duns días de reflexión e arduo traballo saiu adiante a plantilla do calendario deste ano.
Finalmente rendirémoslle tributo ao benquerido Manuel María, autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Así pois e para que todos teñamos a man cal é o debuxo e cal a aportación de cada centro de seguido podedes ver dous documentos que nos amosan o debuxo que construiremos entre todos e taménos centros que participamos e as especificacións que debemos seguir.
Que bonitiño vai estar!

martes, 29 de setembro de 2015
NOVA INCORPORACIÓN Á FAMILIA ESTIÑO
Hoxe é un alegre día para o colectivo Estiño damos unha calorosa benvida aos compañeiros
e compañeiras do COLEXIO DE PEDROUZOS, en Brión, que se animaron a
formar parte desta nosa andaina. BENVIDOS, e agardamos que sexa por
moitos anos!!!!
martes, 15 de setembro de 2015
XUNTANZA 14 DE SETEMBRO
Ola a todas e todos.
Onte tivemos a primeira xuntanza deste curso que empeza, e despois de
debatir sobre os temas propostos acordouse adicarlle ao Manuel María o
calendario e maila revista facéndoo coincidir, como ben seguro que
sabedes, coa homenaxe das Letras Galegas do ano 2016.
A partir de hoxe podedes enviar propostas que se vos ocurran a vós ou
aos vosos alumnos e alumnas para o deseño do calendario e tamén para as
viñetas.
Aproveitamos tamén para pedirvos a todas e todos que nos confirmedes a vosa continuidade nesta andaina con nós para ter os datos actualizados.
Aproveitamos tamén para pedirvos a todas e todos que nos confirmedes a vosa continuidade nesta andaina con nós para ter os datos actualizados.
Para estas tres cousas temos todos de prazo ata o venres 25 de setembro,
xa que o luns seguinte, día 28, xuntarémonos novamente para deixar
concretado o deseño do calendario así como os temas sobre os que
versarán cada unha das viñetas que traballaremos nos nosos respectivos
centros de ensino.
Agardamos as vosas aportacións.
domingo, 13 de setembro de 2015
RECURSOS SOBRE MANUEL MARÍA
Co gallo da fututra celebración nas Letras Galegas do ano de Manuel María achegámosvos información que pode ser do voso interese sobre as iniciativas que teñen previsto desenvolver na Casa-Museo Manuel María neste curso escolar que comeza. Aquí tedes o enlace ao catálogo de publicacións de obras de ou sobre Manuel María: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/publicacions/listar.htm
Así mesmo podedes ver a carta presentación coas actividades dispoñibles para a comunidade escolar
martes, 8 de setembro de 2015
COMEZA O CURSO DE NOVO
Ola compañeiras e compañeiros:
Acabou o verán, comezamos un novo curso e con el unha nova andaina estiñeira.
Estades convocados a asistir todos os que queirades e, no caso
de non vir, podedes enviarnos as vosas propostas deixando os vosos comentarios enviando unha mensaxe ao correo
electrónico do colectivo. Xa sabedes que entre todos as cousas sempre saen mellor.
luns, 18 de maio de 2015
domingo, 12 de abril de 2015
AS ABELLAS
Aquí vos queda este video que fixemos no CPI de Navia de Suarna co gallo do calendario sobre as abellas e o vocabulario referido a elas. Esperamos que vos sexa de utilidade.
xoves, 9 de abril de 2015
BENVIDA
Benvid@s a tod@s a este novo espazo onde poderemos compartir recursos, noticias, fotos ... e un pouquiño dos nosos corazóns.
Larga e activa vida a este blog!
Imos aló!
Larga e activa vida a este blog!
Imos aló!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)