Aquí tedes o noso calendario 2018.
Ben bonito nos quedou!
martes, 19 de decembro de 2017
luns, 27 de novembro de 2017
REUNIÓN MARTES 21 DE NOVEMBRO- CREACIÓN DO CALENDARIO 2018
O día 21 de novembro reunímonos de novo para facer o calendario 2018.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes do momento para que poidades gozar con elas.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes do momento para que poidades gozar con elas.
mércores, 1 de novembro de 2017
REVISTA MIUZALLAS
Bo día a todas e todos!
Como ben sabedes o colectivo Estiño ademais de crear o tan fermoso
calendario pretende tamén recoller todo ese traballo arduo e laborioso
que facedes nos centros nunha revista que dea visibilidade ao que
estades a facer. Ese é o obxecto de Miuzallas: poñer en común as
diferentes iniciativas que levades a cabo cada un de vós.
Analizando as dinámicas de anos anteriores chegamos á conclusión de
que quizais sería interesante comezar a recoller todas esas cousas
bonitas que facedes xa dende o momento en que se empeza a elaborar o
calendario. Por experiencia sabemos que ese é o momento en que máis se
traballa o tema. Así que para aqueles que xa queirades ir recollendo as
vosas actividades mandámosvos xa a plantilla da revista.
Como poderedes ver está en formato PDF. Algúns de vós
comentástesnos o ano pasado que vos gustaría ter unha plantilla na que
puidérades escribir non só a man senón tamén a ordenador. Utilizando o
programa Adobe Acrobat Pro podedes insertar o texto que queirades (
Barra superior, icono dunha folla cun boli -> firmar, agregar texto).
Recordade que non podedes debuxar nin escribir no debuxiño da nube que hai na parte inferior.
Máis adiante daremos prazo de entrega para que nos mandedes esas cousas bonitas que sabedes facer.
Que vos flúan as boas ideas e os bos sentimentos coma fontes sen fin.
REPARTO DAS VIÑETAS CALENDARIO 2017-2018
Benqueridos compañeiros e compañeiras!
Por fin temos xa a versión definitiva do
debuxo coa súa distribución para cada un dos centros!
No documento adxunto atoparedes unha
táboa onde está o nome do voso cole, a temática que vos corresponde e o número
de viñeta que vos foi asignado.
Aínda que xa todos coñecedes como é o
funcionamento recordade:
- Non empregar azul como fondo da viñeta.
No calendario deste ano é inevitable usar o azul pero temos que tentar utilizalo
o menos posible.
- A maiores da vosa viñeta podedes
enviarnos debuxiños dun tamaño aproximado de 2 x 2 cm. para completar o
calendario.
- Tamén necesitamos ditos, adiviñas,
refráns.... para colocar en pequenos espazos que queden libres.
- Non modifiquedes o tamaño das viñetas
que vos foron enviadas.
- Recordade escribir con letra ben
clariña cal é o nome da vosa parcela de calendario.
- COLOREAR INTENSAMENTE
- RESPECTAR AS BEIRAS.
- PREFERIBLEMENTE EMPREGAR LETRAS MAIÚSCULAS PARA POÑER O NOME DE CADA UNHA DAS VIÑETAS E NON PEGAR DE TODO AS LETRAS ÁS BEIRAS (por se temos que recortar algunha peza para axustar ben o deseño).
- OS DEBUXOS XERALMENTE QUEDAN MELLOR SE VAN REPASADOS CON PILOT NEGRO.
- No deseño vaise incluir un globo de texto no que estamos a pensar poñer algún texto relacionado co tema- Se sabedes dalgún que poida encaixar... compartídeo!!!!
- Como en anos anteriores tamén se poden facer DEBUXOS PEQUERRECHIÑOS que non superen os 2x2 cm relacionados co tema para completar o calendario.
- A DATA TOPE PARA A ENTREGA DOS DEBUXOS É O MARTES 15 DE NOVEMBRO. Aínda queda moito por facer (montaxe, impresión, reparto...) así que respectar os prazos facilitará que chegue o Nadal e xa o teñamos listo.

MOI IMPORTANTE- Prazo de
entrega: os vosos debuxos deberían estar con nós antes do 15 de novembro.
Temos idea de montar o calendario o venres 17 polo que vos pregamos
encarecidamente que nolos fagades chegar como máximo ese día 15.
mércores, 18 de outubro de 2017
REUNIÓN DO 21 DE SETEMBRO
Despois dun parón provocado por uns problemiñas técnicos e a modorra do San
Froilán voltamos outra vez á carga dispostos a preparar o calendario
máis bonitiño xamais visto. ( ou polo menos para este vindeiro ano)
Na última reunión do día 21 de setembro decidimos tomar como temática A AUGA.
O "departamento de deseño e artes plásticas" están a finalizar co debuxo que finalmente nos dará o soporte para cada unha das nosas viñetas.
Mentres non temos ese preciado deseño final propoñémosvos cal é o tema que se vos asignou para que vaiades traballando sobre el:
- CEIP Rábade: A chuvia
- CEIP Albeiros: O ciclo da auga
- CPI Cervantes: A neve
- CPI Navia de Suarna: O río
- CEIP Sagrado Corazón: A auga como bebida.
- CEP Santa María: Os lavadoiros
- CEIP Cruceiro Vilalonga: O mar
- CEIP A Ponte: As termas
- IES Leiras Pulpeiro: Datos científicos ( fórmula, distribución en porcentaxes no mundo, no corpo humano...)
- IES Meira: A potabilidade
- CEIP Celso Currás: As fontes
- CEIP Mosteiro: A pesca
- CEIP Xoán de Requeixo: Os encoros
- CEIP Muimenta: Os muíños
- CEIP Monseivane: As lagoas
- CEIP As Nogais: As fervenzas
- CEIP Poboa de Brollón: Os pozos
- CEIP Eloísa Ribadulla: A seca, a escaseza
- CEIP Allariz: A contaminación
- EEI Sarria: A roupa de auga
- CEIP Xosé Luis Taboada: Os estados da auga
- CEIP Quiroga Ballesteros: A sarabia
- CEIP Illa Verde: A hixiene

Agardamos enviarvos os vosos modelos respectivos o antes posible.
Que teñades un feliz comezo de outono libre de desgrazas coma estes últimos lumes.
Saúdos estiñeiros.
martes, 19 de setembro de 2017
REUNIÓN 18 DE SETEMBRO
Ola compañeiros e compañeiras!
1. Continúan todos os centros que participaban o ano pasado? Incorpórase algún máis?
Para
solventar esta dúbida pregámosvos que en caso de non seguir ou ben se a
persoa / e-mail de contacto cambiou nolo digades o antes posible.
2.
Despois de moitas deliberacións e tendo en conta as vosas aportacións
escollemos o tema de A AUGA. Pero o traballo non remata aí. Agora temos
que pensar como podería ser o deseño da silueta e tamén a que se podería
dedicar cada unha das viñetas, polo que necesitamos da vosa axuda
novamente. Mandádenos ideas, debuxos, temas...na forma que mellor
creades (explicándonolo, escaneando o debuxo...) Agardamos as vosas
suxerencias coma auga de maio ( dito moi acaído para o tema en cuestión)
E
agora que a maquinaria xa comezou a funcionar non a deixemos parar.
Volvemos a reunirnos o luns próximo, día 25 de setembro, na rúa Dinán 9
2º A onde vos esperamos.
martes, 12 de setembro de 2017
NOVO INICIO DE CURSO 2017-2018
Ola compañeiras e compañeiros!
domingo, 10 de setembro de 2017
A VOLTA AO COLE. CURSO 2017-2018
Despois dun verán reparador xa estamos aquí de novo. Comezamos este novo curso cun pulo que nos levará a traballar máis e mellor.
E que mellor que empezar a ano oca primeira reunión!
Hoxe xuntarémonos ás 4.30 para dar as primeiras pinceladas do calendario do vindeiro ano.
Convidámosvos á reunión para que aportedes as vosas ideas.
Agardámosvos.

luns, 29 de maio de 2017
ESTIÑO NA TELEVISIÓN GALEGA
O pasado día 22 de maio a CRTVG visitaba o C.E.I.P. de A Ponte de Lugo co seu programa de A Revista para informar sobre o noso calendario e a revista Miuzallas.
Se queredes botarlle un vistazo clicade na imaxe que vos dará aceso ao video. Para iren directamente á entrevista mirade dende o minuto 22.15 ata o 25.12 e máis tarde dende o 42.50 ata o 47.
Moitas grazas aos rapaces e á compañeira Encarna por representárennos tan ben.
Moitas grazas aos rapaces e á compañeira Encarna por representárennos tan ben.
domingo, 28 de maio de 2017
MIUZALLAS 2017
Por primeira vez a nosa revista está en formato dixital para que todos e todas poidades lela en calquera lugar e tamén para que lles amosedes ás vosas amistades o bonitiña que quedou.
Proximamente dixitalizaremos as anteriores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)